Skip to content
This repository has been archived by the owner on Nov 30, 2023. It is now read-only.

Latest commit

 

History

History
112 lines (71 loc) · 6.77 KB

README.gl.md

File metadata and controls

112 lines (71 loc) · 6.77 KB

Open Source Love License: MIT Open Source Helpers

Primeiras Contribucións

É difícil. Sempre é difícil a primeira vez que fas algo. Especialmente cando estás colaborando, equivocarse non é algo agradable. Pero no open source (o código aberto) todo trata de colaboración e de traballar xuntos. Quixemos simplificar a forma na que novos contribuidores open-source aprenden e contribúen por primeira vez.

Ler artículos e ver titoriais pode axudar, pero ¿que haberá mellor que facer as cousas nunha contorna pensada para practicar? Iste proxecto enfócase en prover unha guía e en simplificar o xeito no que os novatos fan a súa primeira contribución. Lembra que mentres máis relaxado esteas, mellor aprenderás. Se queres facer a túa primeira contribución só tés que seguir os sinxelos pasos que se amosan a continuación. E prometémosche que será entretido.

fork de éste repositorio

Se aínda non tés git na túa máquina, instálao

Bifurca(Fork) este repositorio

Fai un fork (bifurcación) deste repo facendo click no botón "Fork" que está na cima desta páxina. Isto creará unha copia deste repositorio na túa conta.

Clona(Clone) o repositorio

clonar este repositorio

A continuación clona este repo no teu equipo. Fai click no botón "Clone" e despois na icona para copiar ó portapapeis (clipboard)

Abre a túa consola ou terminal e executa o seguinte comando de git:

git clone "url que copiache"

Onde "url que copiache" (sen as comiñas) é a url deste repositorio. Mira os pasos previos para obter a url.

copiar URL a clipboard

Por exemplo:

git clone https://github.com/o-teu-nome/first-contributions.git

Onde "o-teu-nome" é o teu usuario de GitHub. Aquí estarás copiando os contidos do repositorio first-contributions en GitHub para o teu computador.

Crear unha póla(Branch)

Cambia ó directorio do repositorio no teu computador (se é que non estás xa nel).

cd first-contributions

Agora crea unha branch (póla) usando o comando git checkout

git checkout -b <engade-o-teu-nome>

Por exemplo

git checkout -b engade-María-Soliña

(O nome da branch non ten que incluir necesariamente a palabra 'engade', pero resulta razoable se consideramos que o propósito desta póla é engadir o teu nome a unha lista).

Fai os cambios necesarios e efectúa(Commit) deses cambios

Agora abre o arquivo Contributors.md nun editor de texto, engade o teu nome e despois garda o arquivo. Se vas ó directorio do proxecto e executas git status, verás que hai modificacións.

git status

Agrega eses cambios ou modificacións usando o comando git add tal como se amosa:

git add Contributors.md

Agora podes facer commit sobre os cambios co comando git commit

git commit -m "Add <o-teu-nome> to Contributors list"

cambiando <o-teu-nome> polo teu nome.

Envía (Push) os teus cambios a GitHub

Fai un push dos teus cambios usando o comando git push

git push origin <engade-o-teu-nome>

cambiando <engade-o-teu-nome> polo nome da branch que creaches antes.

Envía os teus cambios para seren revisados

Se vas ó teu repositorio en GitHub, verás un botón Compare & pull request. Fai click nese botón:

crea unha pull request

Agora crea e envía a pull request:

sube a pull request

Axiña mesturarei os teus cambios (facendo merge) na master branch deste proxecto. Recibirás unha notificación por correo cando os cambios xa estean mesturados.

Titoriais con outras ferramentas

GitHub Desktop Visual Studio 2017 GitKraken VS Code Sourcetree App IntelliJ IDEA
GitHub Desktop Visual Studio 2017 GitKraken Visual Studio Code Atlassian Sourcetree IntelliJ IDEA

Onde ir dende aquí?

Tamén poderías unirte á nosa equipa en Slack no caso de que necesites axuda ou teñas algunha pregunta. Únete ó noso Slack